01 septiembre 2018

O xigante investidor propiedade de Sandra Ortega, Rosp Corunna, foi autorizado pola CNMV para elevar do 5 ao 10 por cento a súa participación na firma, a antiga Zeltia, agora PharmaMar.

Por arredor de 20 millóns de euros reforzará así a súa presenza na que fora unha das grandes apostas investidoras de súa nai, Rosalía Mera.